SAÍDA DE NADAL POR COUREL

Moi boas a todos…

Remataremos o ano cunha saída de Nadal para a fin de semana dos días 16, 17 e 18 de Decembro.

E aproveitando qué teremos parte da tarde libre xa que a noite caenos encima moi pronto nesas datas, poderemos facer un curso de primeiros auxilios con xente experimentada que se adica todo o ano a impartir cursos de rescate a bombeiros, policía, e entidades do sector, para os que facemos fotografia de natureza ou paseos na natureza con marchas largas nunca nos virá mal un curso e uns consellos.

O curso será a cargo de Bombeiros de Galicia e Desa Galicia para poder prevenir ou axudar a un compañeiro, ou se nos atopamos con algún incidente no medio da ruta.

Neste caso contaremos con Tourgalia que nos votará unha man para organizar hospedaxe, comidas e guía.

Itinerario da saída

Chegaremos o venres o largo da tarde noite  acomodaremonos nas habitacións, son habitacións de 2 camas con baño, era a forma mais económica de poder pasar o fin de semana.

Se algún quere estar solo pode pagar a habitación completa el sin ningún problema.

Despois de acomodarnos cearemos e votaremos uns contos.

Se tedes videos, fotografías, ou algunha cousa interesante podedes traer que levaremos un proxector.

Sabado teremos ruta da mán de Tourgalia con Guillermo Aira de guía.

Voltaremos para xantar en casa Ferreiro e a tarde teremos o curso de primeiros auxilios, os que non participen xa buscaremos algo que facer por alí.

A noite poderemos seguir falando ou vendo cousiñas relacionadas ca fotografía que poidamos traer entre todos.

O domingo Guillermo teranos preparada outra sorpresa e poderemos xantar en Casa Caselo en Paderne.

Despois de xantar como xa se fará noite pronto chegará a hora de marchar.

Prezo da saída por persona cas comidas hospedaxe pero sen o curso é de 98€

Prezo da saída con habitación única por persona sen compartir 138€

Prezo do curso de primeiros auxilios por persoa e de 25€, non é obrigatório facelo, faino quen queira.

Unha vez nos mandes a solicitude, indicarémosche a forma de pago da saída.

  • CONTACTA RÁPIDO PARA CUALQUER DUDA POR WhatsApp no número: 689 432 426

 

Formulario para apuntarse.

Tipo de pensión que escolles:



Selecciona Sí Ou Nón se vas a participar no curso de primeiros auxílios 25€ persóa

Deixa aquí a túa pregunta:

 

 

 

Bombeiros de Galicia e Desa Galicia

video del curso de rescate en altura nivel I