Sentimos comunicarvos que xa sobrepasamos o límite de asistencia para a saída da Ribeira Sacra, agradecer a todos a confianza posta en nós.

 

Despois de unha tempada de relax, e parados con outros proxectos imos voltar cunha das saídas mais míticas fotográficas de Chíscalle na Ribeira Sacra

PROGRAMA:

  • DATA: Sábado 5 de Novembro de 2016
  • PUNTO DE ENCONTRO: Cafetería Capitol, Praza de Santa Ana. De 9,30 a 10 para tomar café.
  • HORA DE SAÍDA DA RUTA: As 10,00 horas con puntualidade.
  • DIFICULTADE: Ningunha
  • XANTAR: Estimación de 20€ nos Pendellos en Chantada
  • CUSTE DA SAÍDA: 5€ persoa
  • AS PRAZAS SON LIMITADAS A 15 PERSOAS.
  • CÓMO APUNTARSE: Toda persoa que esté interesada en asistir a saída terá que apuntarse dende o formulario de contacto que aparece o final, e nós indicaremoslle o que ten que facer.
  • CONTACTA RÁPIDO POR WhatsApp no número: 689 432 426

Punto de encontro:

En outono a paisaxe da Ribeira Sacra énchese de cores vermellas, ocres, amarelos… sen dúbida unha época do ano para fotografar a Ribeira Sacra no seu máximo esplendor.

Propoñemos un percorrido que vai discorrer entre fermosos bosques de frondosas, Mosterios Románicos, Adegas e Viñas heroicas en bancales que no outono ofrecen o máximo colorido visual.

Penetrarémos neses bosques de árbores centenarias e pasearemos entre viñedos para descubrir a paisaxe espectacular do outono nas Ribeiras do Miño.

Teremos unha visita a unha adega con cata dos seus viños.

 

 

Formulario para apuntarse a ruta:

Poñede que estades interesados en asistir a ruta da Ribeira Sacra, deixade o numero de teléfono e nome para poder contactar con vós.

Todos os apuntados crearemos un grupo de whatsapp para estar comunicados e axilizar as dudas que poidan surxir.

washappPodes tamen poñerte en contacto a través de WhatsApp no número: 689 432 426