“OUTONO  NO COUREL E QUIROGA”

Chíscalle  e Tourgalia organizan unhas xornadas fotográficas para descubrir o outono na Serra do Courel e a zona de Quiroga.

A serra de Courel e os vales ca conforman, cas súas devesas e soutos ofrecen as paisaxes de outono máis cautivadoras de Galicia.

Propoñemos dous días de fotografía

Sábado día 14:

O primeiro será o 14 de novembro: para xogar coa auga na pincheira da Pedriña e logo continuar cara dunha devesa menos coñecida pero con unha beleza incomparable, a Devesa do Cervo.

Remataremos o día co reto de fotografar  un lugar diferente: “As Orellas do Lobo” no curso inferior do río Soldón.

Logo da cea teremos unha charla e proxeccións fotográficas onde todos poderemos compartir as nosas experiencias.

Domingo día15:

O domingo 15 logo do almorzo sairemos dirección a devesa da Rogueira, o icono botánico de Galicia donde poderemos disfrutar dunha mañá de caza fotográfica libre.

Xantaremos en Paderne con un menú de productos caseiros (xabarín, castañas, …e chupitos) e remataremos a tarde no val do río Pequeno.

Prezo por persoa: 50€

Inclúe:

-Bocata, fruta e bebida para o sábado 14

– Cea do sábado

– Noite no albergue de Quiroga (habitacións de 2, 4 ou 6 prazas todas con baño independente e calefacción)

-Almorzo  domingo 15

-Xantar en Paderne

-Guía dedicado os dous días.

Opcional para quen non queira madrugar o sábado: Noite venres + almorzó sábado: +10€

 

As reservas faremosllas a Guillermo directamete, xa que é o encargado do albergue:

guille@tourgalia.com

629323208

Albergue_de_Quiroga_Logo_Grande_IMP