Olá a todos,

Estamos pensando en facer unha das últimas saídas de este ano polo Macizo Central Ourensán, nos arredores de Cabeza de Manzaneda.

O días escollidos serán 11,12 e 13 de Decembro.

Imagen 1

Hai que ter en conta que un dos factores máis importantes nestas datas pode ser a presenza da neve, polo que é recomendable acudir con roupa de abrigo, calzado impermeable e recomendase o uso de polainas e bastons de sendeirismo.

IMPORTANTE:

Para facer a reserva enviáde o voso nome e número de teléfono dende o formulario web, así unha vez estemos un mínimo de persoas poderemos reservar a casa rural.

Está pensado para un máximo de 10 persoas esta saída.

O programa será o seguinte:

 

VENRES DÍA 11.

  • Chegada e instalación
  • Cea cociñada por nos mesmos nun forno de pedra tradicional comunal da aldea de Anagaza. As alternativas serían pizzas artesanais ou alguna calse de asado (é preciso mercar a materia prima de eso encargase Abel)
  • Sesión de fotografía nocturna na mesma aldea de Anagaza.

 

 

SABADO DÍA 12.

  • Ruta dos Soutos de Cesurís: percorrido polo Macizo Central Ourensán entre castiñeiros centernarios e cunhas vistas privilexiadas sobre o val glaciar de Prada (12 kms., desnivel de 360 mts., dificultade moderada, 5h 20min)
  • O xantar será de bocadillo ao longo da ruta, que colleremos alí ou tamén podedes traer da casa o venres.
  • Cea en Mesón Os Pinos (Casa Agenor): táboa de xamón, chourizo e queixo, bistés con guindillas, troitas, postre de xeo e lume, cafés e licor de namorar.
  • Sesión de fotografía nocturna dende a Cabeza Grande de Manzaneda. No caso de estar pechado o acceso por estrada será preciso remontar polas pistas da estación de esquí.

fxt4846-1

 

DOMINGO DÍA 13

  • Ruta do glaciar de Lamas: saíndo dende a base da estación de esquí baixaremos ao val de Lamas, onde poderemos observar no percurso as moreas laterais e o circo orixinais do antigo glaciar existente na zona. (9 kms., desnivel de 1.575 mts., dificultade moderada, 4h 30min)
  • Xantar por determinar
  • Despedida e peche da xornada.

Prezos:

  • Aloxamento
  • Bocadillos das camiñatas
  • Ceas
  • Estimámoslle todo uns 120€

 

Por determinar:

  • Xantar mediodía de domingo
  • Punto de reunión para o venres

Imagen 6 Imagen 7