As cores do Outono na Ribeira Sacra

En outono a paisaxe da Ribeira Sacra énchese de cores vermellas, ocres, amarelos… sen dúbida unha época do ano para fotografiar a Ribeira Sacra no seu máximo esplendor.

Propoñemos un percorrido que vai discorrer entre fermosos soutos de frondosas, Mosterios Románicos, Adegas e viñas heróicas en bancales, que no outono ofrecen un espectacular colorido visual.

Deixándonos engullir polos soutos de árbores centenarias e paseando entre os viñedos descubriremos unha paisaxe espectacular nas Ribeiras do Miño.

Xa non queda ningunha praza, podedes seguir mandando os correos por se alguén se da de baixa.

PROGRAMA

  • DATA: Sábado 7 de Novembro de 2015
  • PUNTO DE ENCONTRO: Cafetería Capitol, Praza de Santa Ana, Chantada. Quedamos de 9,30 a 10 para tomar café
  • HORA DE SAÍDA DA RUTA: As 10,00 horas con puntualidade
  • DIFICULTADE: Ningunha
  • XANTAR: A comida vai organizarse por encarga para xantar nunha adega situada nos propios viñedos, estimamos un prezo de 10 euros persoa e pagarase na hora do xantar.
  • CUSTE DA SAÍDA: Será gratuita soamente se pagará o xantar.
  • AS PRAZAS SON LIMITADAS. (16)

Para facer as reservas mandade un correo dende o formulario da web, poñendo no asunto: “Saida de Otuno na Ribeira Sacra” deixades o voso nome e tlf de contacto.

Se non temos teléfono ou un nome a quén dirixirnos o correo quedara eliminado e non se fará a reserva.

Fotografías de Antonio Paz.