Un día moi especial a saída pola Ribeira Sacra.

Antes de nada temos que agradecer a Antonio todo o seu esforzo con todos os que fumos a saída, e tamén a sorpresa que nos tiña preparada da visita da adega Via Romana.

Antonio

Antonio

Xuntámonos a primeira hora na cafetería Capitol de Chantada, alí xa apareceu Cristina unha das reponsables de Via Romana para retratarnos e estar colgados nas redes antes de terminar o café.

Foto de Cristina - Via Romana

Antonio levounos por soutos, viñedos e todo o explendor da Ribeira Sacra rematando con unha magnifica visita a Via Romana e degustando os seus viños e licores.

Pouco a pouco foi marchando a xente xa que algúns tiñan 2 horas de camiño, algúns de nós quedamonos a que se fixera noite para poder facer algunha foto dende adega.

A un de nós ocurreuselle a idea de ir a Belesar a facer unhas fotos, pero o chegar sentámonos na terraza que esta o carón do rio e derónnos as dúas da mañán cuns contos.

Aqui vos deixamos algunhas das fotos que fumos facendo, na saída a Ribeira Sacra.

Grazas Antonio por un gran día.