SAÍDA A RIBEIRA SACRA-CHANTADA

Natureza/Paisaxe/Adegas

Viñedos e Socalcos/Soutos/Románico/Río Miño

 

  • DATA: Sábado 30 de Maio 2015
  • PUNTO DE ENCONTRO: Cafetería Capitol, Praza de Santa Ana Para os cafeter@s quedamos de 9,30 a 10 para tomar café
  • HORA DE SAÍDA DA RUTA: As 10,00 horas con puntualidade poñémonos en marcha
  • DIFICULTADE: A Xornada de mañán son 8-9 km. a pé sen dificultade
  • INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: teléf. 679587404 (Mercedes) Data límite para anotarse Domingo 24 de Maio. Si queredes algunha información da zona ou sobre aloxamento…teléf. 644496272 (Antonio de Chantada)
  • XANTAR: A comida vai organizarse por encarga para xantar nunha adega sita nos propios viñedos, estimamos un prezo de 8-9 € persoa.
  • CUSTE DA SAÍDA: Será gratuita soamente se pagará o xantar.

 

PERCORRIDO: Iniciamos o roteiro na Igrexa de Santa María de Pesqueiras, xoia do románico, que se atopa xunto ó río Miño, arrodeada dun amplo e fermoso souto, continuamos ate a Igrexa de San Fiz. Dirección a Ribeira Chantadina, o roteiro descurre por un fermoso souto de castiñeiros, con presenza de carballos e demais vegetación autóctona. No concello de Chantada existen carballeiras e soutos centenarios de gran beleza e importancia, sendo a comarca Chantadina das primeiras produtoras de castañas de Galicia. 

Nos adentramos na zona de Viñedo de San Fiz de Asma e contemplaremos a Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, outra xoia do románico da Ribeira Sacra, construída a mediados do último terzo do s. XII, vinculada á obra do Mestre Mateo.

Proseguiremos noso camiño dende a explanada de Tarrío, collendo un sendeiro que, cruzando o río Asma uns centos de metros antes da súa desembocadura no Miño, combina un tramo inicial baixo un fermoso e húmido bosque, co resto do percorrido a media ladeira, entre viñedos e socalcos, e rodeando o monte de San Pedro. Dende “As Oubenzas”, as panorámicas da ribeira entre San Fiz e Belesar son excepcionais.

Teremos ocasión de visitar a Adega Vía Romana, para continuar o noso roteiro polo camiño de peregrinación Camiño Sur a Santiago, unha antiga calzada romana que conduce a pobo de Belesar onde hai un peto de ánimas do século XVIII.

A xornada de tarde imos desplazarnos no coche pola zona de Belesar-Pincelo-Nogueira-Cabo do Mundo-Erbedeiro-Penedo do Garabullo e Chouzán.

 

Aquí o programa completo da saída.