O Roteiro Foto-Literario xurde dende a Agrupación Fotográfica Chíscalle coa colaboración de Salvemos Catasós.
É un percorrido guiado pola Fraga de Catasós que pretende aunar a fotografía xunto coa literatura a modo de loita contra a destrución e o olvido na nosa contorna.

En que consiste?

O roteiro preséntase como un exercicio de exploración da fraga dende os sentidos, onde tod@s que queiran participar atoparán textos pendurados das árbores que funcionarán como inspiración para a realización de fotografías, desenvolvendo a imaxinación e a creatividade a través da cámara.
En total, o roteiro constará de dez puntos sinalados para facer a lectura do texto e a súa corresponde imaxe, orixinando múltiples visións da fraga e revalorizando a importancia do seu haber.

Para participar:

Pode participar calquer persoa que teña de man unha cámara (móbil, tablet, compacta ou réflex, dixital ou analóxica…)

Para facilitar unha mellor organización, agradecemos que se notifique a asistencia a través de:

http://chiscalle.com/contacte/

https://www.facebook.com/salvemoscatasos

Indicando o nome completo, un correo electrónico de contacto e o nome da actividade “Roteiro Foto-literario”. Deste xeito, poremos á vosa disposición un mapa do
roteiro que servirá de guía durante o percorrido, ademáis do apoio dos membros de Chíscalle e Salvemos Catasós na propia localización.

O prazo para inscribirse remata o xoves 9 de Abril.

Ao finalizar a actividade, @s asistentes deberán enviar ao enderezo as fotografías resultantes, indicando no nome de cada arquivo o número de texto correspondente e o nome do autor ou autora, seguindo o seguinte exemplo:

“texto 01_nome e apelidos”
A comida opcional ao remate do roteiro constará de: churrasco, postre, café e viño da casa. 12€ por persoa. Apuntádevos!

 

1