Como desenvolver o proxecto fotográfico

“A independencia do ollo perante a cámara”

 

Obradoiro impartido por Silvia Mella

Lugar: Centro de Ensino Beloso (Rúa C, nº 38, Lalín)

Horario: 16:00 a 20:00 horas.

Precio: 20€

Para apuntarvos enviade un correo electronico dende o formulario de contacto co voso nome e teléfono e será suficiente para poñernos en contacto con vós.

 

O obradoiro terá unha duración de catro horas aproximadamente. Comeza o sábado 18 de abril ás 16:00 horas no Centro de Ensino Beloso, en Lalín. O formato será semellante ao dunha charla-coloquio que estará guiada por Silvia Mella, Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Compostela e Titulada en Fotografía Artistica pola Escola de Arte Superior e de Deseño Antonio Faílde de Ourense. O taller posúe catro partes.

A primeira delas tratará sobre as razóns polas que é imprescindíbel elaborar e desenvolver un proxecto fotográfico, os motivos polos que un proxecto uniforme e coherente nos axuda de cara á creación dun imaxinario propio que nos permite coñecernos mellor e mostrarlle a nosa visión do mundo á xente a través de nós mesmas construíndo e editando imaxes. A narración fotográfica.

Na segunda parte tentaremos analizar e debatir sobre varios proxectos de fotógrafos e fotógrafas clásicas e contemporáneas de diferentes índoles, apoiándonos en material audiovisual e material en formato libro, entre outros. Falaremos tamén de como presentar un proxecto, da proxección do mesmo nas redes sociais e na rede. Na terceira parte do obradoiro analizaremos as chaves para facer un proxecto fotográfico, comezando por desmitificar á técnica e empregando novas formas de traballar coas imaxes, facendo fincapé na importancia da edición. Por último, faremos un exercicio práctico.