O día 28 de Marzo teremos un curso de revelado dixital baseado no programa Lightroom da mán de Víctor Barro.
O curso impartirase na academia Veloso en Lalín, cando vos apuntedes xa vos mandamos toda a información.
A duración do curso será de 8 horas comenzando as 10:00 h.
O prezo por persóa será de 40€.
Necesitarase un número minimo de 6 asistentes para que non se suspenda o curso.
Para asistir o curso é preciso que vos inscribades . Podédelo facer dende o formulario de contacto, deixando o voso nome, dicindo que queredes asistir o curso de Lightroom e xa nos poñemos en contacto con vos.
A finalidade de Víctor Barro neste curso é a seguinte:
Editar e retocar fotografías sendo capaz de mellorar as nosas imaxes facéndoas máis atractivas e emocionantes.
Dominar a dinámica do fluxo de traballo en fotografía, dende a cámara até internet ou a impresión final.
Crear un espacio e un grupo de traballo máis alá da formación que permita o alumnado motivarse e continuar aprendendo xunto con outras persoas, que como elas, teñan a fotografía e o seu retoque como paixón.
Contidos do curso:
MÓDULO 1
Conceptos e dinámica de traballo
- Entender Adobe Lightroom
- Tipos de arquivo: JPG-TIFF-PNG-RAW
- Fluxo de traballo: Importación, edición e retoque, organización, exportación.
MÓDULO 2
Mellora fotográfica:
- Cor, tono, intensidade e temperatura.
- Exposición e contraste.
- Distorsións, correccións de viñeteo e barrileo.
- Xiros e recortes.
MÓDULO 3
Retoque fotográfico parcial:
- Ferramentas en Lightroom
- Máscaras de selección.
- Viñeteo e degradados.
- Ferramentas ampliadas con Adobe Photoshop
MÓDULO 4
Organizar o meu arquivo fotográfico:
- Filtros
- Etiquetas
- Búsquedas.
- Organización no meu ordenador.
- Copias de seguridade.
Os asistentes terán que traer:
Cada asistente deberá aportar o seu ordenador portátil.
Cada asistente terá que ter instalado no seu portatil o software Lightroom, se non poderá instalar unha versión de proba.