A6

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chema Madoz (Madrid 1958)

 

“A nosa mirada está anestesiada. Damos por feito que coñecemos todo o que nos rodea”.

 

Chema Madoz nace en Madrid no ano 1958.

Estuda Historia do arte na Universidade Complutense de Madrid nos anos 80 eo compaxina con estudos no Centro de Ensinaza da imaxe. Pouco tempo despois, cara 1985, expon a súa primeira mostra individual y no ano 1991 expón na Sala Minerva do Círculo de Bellas Artes na que sería a primeira mostra de fotografía progamada por este espacio.

Nesa época , hacia os anos 90 do século XX, comeza a desenrrolar o concepto de obxeto, tema que explorará ao largo da sua carreira e que se convertirá no seu traballo.

No ano 2000, Chema Madoz recibe o premio Nacional de fotografía.

As fotografías de Chema Madoz, mostrannos unha precisión exquisita. Son imaxes moi limpas e delicadas. Traballan con moi poucos elementos que ocupan prácticamente a imaxe, todo está no seu lugar. A imaxe está tan desnua que calquera cousa que non funcione tería demasiada presencia, nas súas imaxes non hai nada que distraiga o espectador do obxeto que nos propón.Consegue desconcertarnos, extrañarnos con obxetos cotians que están presentes no noso día día, obxetos que nos pasan desapercibidos e que él coloca nun lugar que non lle correspondería. Vasos, lapiceiros, alfileres… Xoga coa nosa concepción das cousas amosándoas dun xeito  completamente distinto, a veces cunha gran dose de humor e case sempre cunha gran poética visual. A gran imaxinación e a visión personal deste artista, son capaces de cousas como  facer un desnudo sen  estar  espido, de engaiolar unha nube, transformar un camiño en fume ou un simple fío en auga. As súas fotografías son sempre en branco e negro, o que aporta unha nova dimensión dos obxetos que nos amosa, xa que o noso mundo está percibido en cor, e consegue alonxar os obxetos todavía mais da súa propia realidade. As imaxes conseguidas por Chema Madoz, son imaxes potentes e directas que nos falan de que algo ordinario pode converterse en algo extraordinario. Falannos a nos, como fotógrafos, de que non temos que buscar sempre a viaxe mais espectacular, a historia mais rocambolesca ou recurrir a artificios para conseguir imaxes impactantes e de unha calidade enorme.Vendo a obra de Chema Madoz  podemos chegar a ver, que o que realmente importa e cómo vemos cada un de nos as cousas que nos rodean, o importante é a maneira de mirar, de ver o mundo que nos rodea. Calquera obxeto,  rúa ou  paisaxe poden ser realmente impactantes ou sorprendentes, soamente temos que intentar velo dende outro punto de vista, o noso propio punto de vista. En palabras de Chema Madoz: sen dar por feito o que sabemos sobre as cousas.

 

Algunhas frases de Chema Madoz:

 

“Debemos enfrentarnos as cousas como se nos enfrentáramos a elas por primeira vez. Sen dar por feito que o sabes todo sobre elas. Cando o tratas deste xeito, empezan a aparecer novas posibilidades de lectura, de interpretación…”.

“Moitas veces intuimos en todo o que temos arredor outras posibilidades. O mellor, o problema está simplemente en que non nos paramos un pouco a darnos o tempo de reflexionar e de intentar poñer en claro, na nosa cabeza, qué ou cales son esas suxerencias que estamos a percibir”.

“O final cada un ten que dar ou encontrar a súa propia forma de ver, a súa propia forma de entender todo aquelo que o rodea. Pareceríame un sin sentido coller unha cámara de fotos e facer soamente imaxes que poidan ter relación coas que vou facendo eu. Ese é o exercico. O exercicio complexo é intentar personalizar un pouco a nosa mirada. Unha mirada que un senta como propia”.

Fotografías mostradas: http://www.chemamadoz.com/

Reportaje realizado por rtve sobre Chema Madoz:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-chema-madoz-regar-escondido/1687267/