formacion

CURSO DE COMPOSICIÓN NA FOTOGRAFÍA.

INFORMACIÓN

Imparte: Iván Barreiro.

Lugar: Academia Veloso (Lalín)

TODOS OS XOVES DO MES DE ABRIL 2015

Data de inicio: xoves día 9 / Data de finalización: xoves día 30

A partir das 20:45 do serán

Prezo (50€ por asistente)

Para apuntarvos o curso de composición podedes enviar unha mensaxe usando o formulario de contacto decíndonos que queredes asistir o curso de composición, seranos suficiente para poñernos en contacto con vós.

DESCRIPCIÓN.

Con este novo curso de Chíscalle pretendemos dar continuidade ao curso de iniciación que se está realizando este mes de Marzo.

Este curso está orientado a coñecer mellor a maneira de compoñer as nosas imaxes pra conseguir que as nosas fotografías teñan un aspecto mais interesante a un nivel estético. Coñeceremos os tipos de planos utilizados, como afecta a nosa imaxe os diferentes tipos de lentes, como utilizar a cor ou o branco e negro, ou os tipos de encuadre que podemos facer.

Vai dirixido a persoas sen ningunha base sobre este tema e non é necesario ter unha cámara reflex. Todo o que se imparte no curso pódese aplicar a diferentes dispositivos como unha cámara compacta, tablet ou incluso o propio móvil.

O curso é teórico/práctico e por medio das imaxes doutros fotógrafos e exercicios que se propoñeran  nas diferentes clases, o alumnado poderá coñecer un pouco mais este apaixoante tema.

A finalidade deste novo curso é poder conseguir mellores fotografías, indiferentemente de que fotografiemos as nosas familias, mascotas, paisaxes ou calquera outra cousa.