Willy Ronis

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Willy Ronis. (París, 1910 – París, 2009).

 

“As fotografías de Ronis, transmiten paixón e simpatía polos temas dos que tratan, pese a facilidade aparente con que podemos descifralas. Nunca son banais nin sentimentais, e merecen figurar entre os mellores traballos fotográficos humanistas do século XX.”                                                                      

Peter Hamilton.

 

“Willy Ronis é un clásico… Constrúe unha  orde gráfica estruturada y melodiosa que vibra armoniosamente co tema fotografado, y reflexa as vibracións íntimas das nosas  propias memorias.”

 Bertrand Eveno.

 

Willy Ronis nace en París no 1910. De pai fotógrafo e de nai mestra de piano, dende a infancia está rodeado dun universo musical que o envolverá ao largo de toda a súa carreira  e inmerso no ambiente do estudo fotográfico. Dende moi xoven, axuda o seu pai a realizar pequenos traballos a cambio dunha modesta retribución.

A súa primeira cámara chégalle da man do seu pai, un obsequio que él mesmo pedirá, a idade de dezaseis anos. Con esta cámara, unha Kodak de 6,5 x 11 cm, realizará as súas primeiras fotografías durante os seus paseos parisinos. Anos mais tarde, descubrirá a fotografía de André Kertesz, Germaine Krull, Brasäi o Jean Moral. Estas imaxes, déixano fascinado e alteran os seus hábitos. Por aquel entonces, todavía existía o pictorialismo e seguramente, atopase con esta nova maneira de ver o mundo tivo que ser todo un descubrimento para o xoven Ronis.

A volta do seu servizo militar e co seu pai gravemente enfermo, toma as rendas do negocio familiar.  Ronis detesta este traballo e aceptao de mala gana. O único que o fai escapar da monotonía do estudio, son as imaxes que capta nas rúas de París e das súas viaxes as montañas.

 

Willy Ronis 01

Willy Ronis 02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En 1937, comprase unha Rolleiflex e comeza a crear o seu propio arquivo fotográfico. Toca diversos campos como a industria, as paisaxes ou as reportaxes. É precisamente unha desas reportaxes, o que realiza por toda a cunca mediterránea, o que chama a atención de Robert Capa, o que se encargará de que esas fotografías vexan a luz.

Entre os anos 1945 e 1960, Ronis realiza algunhas das súas fotografías artísticas e editoriais mais importantes. Realiza cada vez mais reportaxes e diversifica ao máximo a súa actividade. Nestes anos, traballou para a revista Life para a que realizou reportaxes sobre as folgas ocorridas  naqueles anos.

Ronis tamén realizou labores de docente e no ano 1971, a petición do director da escola de Belas  Artes de Aviñón, comeza a impartir clase aos estudantes  de arte. Ensínalle a historia e as técnicas fotográficas, así coma a relación existente entre a fotografía, a sociedade e as artes plásticas. É unha época na que a ensinanza da fotografía é practicamente nula, así que podemos dicir que Ronis, actúa como pioneiro e será moi apreciado polos seus alumnos. Neste ambiente cargado de enerxías xuvenís, cheas de paixón e ganas, Ronis reencontrase con vellos amigos e é redescuberto por un público ávido de imaxes. Pouco a pouco, co paso dos anos, a súa fama acrecentase e chega a recibir o Gran Premio Nacional das Artes e as Letras a la Fotografía, otorgado polo goberno francés.

Willy Ronis 06

En 1983, regresa a París e eso marcará o comezo dunha nova etapa da súa vida. Perde ao seu fillo Vincent de forma tráxica e tres anos mais tarde, a súa dona falece de Alzheimer. Lonxe  de afundirse, Ronnis volcouse no seu traballo e disfrutou, cunha filosofía serea, do pracer de votar un ollo as varios miles de fotos que enchen as súas carpetas e os seus clasificadores, para satisfacer as innumerables demandas de todo tipo que recibiu.

Willy Ronis faleceu en Parías no ano 2009.

As fotografías de Willy Ronis invítannos a descubrir as emoción de outros, que aínda que non nos resulten familiares, temos a impresión de recoñecelas a través do seu obxetivo.

Nestas imaxes, cheas de sensibilidade e atemporalidade, podemos ver unha mirada cun gran interese pola natureza social do home. Unha mirada ordeada, clara, cunha mensaxe facilmente identificable para o espectador. Ronis é unha das grandes figuras da fotografía humanista, que perdura en numerosas obras contemporáneas. Durante os seus setenta e cinco anos de vida en activo, non deixou de facer fotografías nas que, con diferentes niveis de sensibilidade, a forma e o fondo fúndense para ofrecernos un delicioso paseo, as veces agridoce, pola memoria do século XX.

 

Algunhas frases de Willy Ronis.

“Xamais busquei o insólito, o nunca visto, o extraordinario, senón mais ben o mais típico da nosa vida cotiá.”

“Busco xente que se pareza a min,  o espello que as miñas imaxes ofrecen é o mesmo no que eu me miro”.

“ A aventura non se mide no número de kilómetros. As grandes emocións non se desatan soamente ante o Partenón, a bahía de Río de Xaneiro oa as cataratas Victoria”.

“Desconfío moito das imaxes que non se poden descifrar sen a axuda das palabras. Refírome as imaxes que xorden soamente coa única intención de sorprender”.

“Cando se trata simplemente da captura de imaxes sen unha idea preconcebida, cando non hai ningún encargo, cando se avanza por unha especie de corda frouxa na que o presente reinvéntase a cada paso e a única motivación é o instinto inxenuo e primitivo do cazador, ¿onde está o proxecto artístico?

“Cando saio coa miña cámara, non vou a conquista do Santo Grial. Non considero que teña que facer chegar unha mensaxe a ninguén, nin percibo a axitación de ningunha transcendencia”.