Richard Avedon, self-portrait, Photographer, Provo, Utah, August

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Richard Avedon (Nova York, 1923 – San Antonio, Texas 2004).

 

“A través das miñas fotografías podo falar de maneira mais intrincada e profunda que a través das palabras”.

 Richard Avedon.

 

Richard Avedon naceu no seo dunha familia xudea no ano 1923. Estudou no colexio DeWitt Clinton no barrio do Bronx, onde colaborou no periódico escolar The Magpie co escritos James Baldwin dende 1937 a 1940. Despois de asistir durante un tempo na Universidade de Columbia, comenzou a súa carreira coma fotógrafoa, traballando para a Mariña Mercante no ano 1942, fotografando os membros das tripulacións. Estas fotografías realizounas cunha cámara Rolleiflex que lle dera o seu pai como regalo de despedida.

No ano 1944 coñece a Alexei Brodovitch, o lexendario director artístico de Harper´s Bazaar, co cal traballou moitos anos. No 1959, a aparición do seu libro “Observacións” tivo una grande repercusión. A realización deste libro foi tarefa de Brodovitch e Truman Capote escribiu o texto. A obra contiña principalmente retratos  de personalidades e fotos de moda. A total ausencia de miramentos nos retratos deste fotógrafo que, sobre fondo branco, facia afluir a superficie a intimidad dos seres humanos, chamou por primeira vez a atención do público e os artistas.

As súas fotografías de moda, as cales transmitían a súa visión persoal dun mundo de imaxes vitais, valeulle una etensa publicidade. Avedon, rompía coa fotografía de estudio, levando os seus modelos hacia rúas de París, os cafés e as revistas. A foto ”Dovima con elefantes, traxe de nnoite de Dior, Cirque Hiver, París, Agosto de 1955”, é una das mais célebres fotografías de moda de Avedon e certamente  unha das mais insólitas. Esa fotografía marca o comezo dunha nova era  na posta en escea fotográfica. A fotografía de moda de Avedon, que se foi reducindo cada vez mais co paso dos anos e que hacia 1970 apróximabase os seus retratos fotográficos, convertiuse nunha ineludible referencia para toda una xeración de fotógrafos.

 

Dovima with elephants, Evening dress by Dior, Cirque d'Hiver, Pa

 

Pouco despois, orixinou un escándalo cunha serie sobre a lenta agonía do seu pai, Jacob Israel Avedon. Nesa serie, que é tamen un documento sobre as súas relación co pai, Avedon arrancalle xestos e expresións que vira na súa xuventude e impregnaron a sua imaxe da figura paterna. Pero é tamén una serie conmovedora sobre a lente degradación dunha forte personalidade e sobre o sue retraimento en sí mesma.

Co seu libro “In the American West”, Avedon quixo romper co mito do oeste Americano, do mundo llano e idílico dos cowboys, para mostrar outro aspect: o dos obreiros e mineiros, dos desocupados e os pequenos empleados, dos brancos, negros e latinoamericanos. A lastimosa imaxe que ofrecía do oeste americano, provocou indignación e foi considerada como algo pernicioso.

 

08- Richard Avedon

 

Segudamente realizou una serie sobre o Louisiana State Hospital, una secuencia de imaxe sobre os enfermos mentais así coma una serie sobre as víctimas do napalm, una amarga denuncia da guerra do Vietnam. Estas son as únicas fotografías de Avedon que mostran violencia, Avedon sempre a rexeitou.

11- Richard Avedon

As súas fotos de gran formato sobre tela constituen un hito na historia da fotografía. Trátase de retratos dos membros da “Warholm Factory”, dos “Chicago Seven”, da “Ginsberg Family” e do “Mission Council”.

Entre os seus retratos, The Generals of the Daughters of the American Revolution, de 1963, ocupa un lugar moi particular. Alí, Avedon realizou un retrato grupal cunha composición insólita. Esta foto, que é manifestamente o estudo preliminar para un retrato oficial, fascina pola súa extrana  composición e pola diversidade de relación que os personaxes, ainda que aislados, manteñen entre sí.

 

10- Richard Avedon

 

Richard Avedon raballou para diferentes revistas como Life, Harper´s Bazaar, Vogue ou Look. Nos seus traballos conseguíu elevar a fotografía de moda o rango do artístico, ao conseguir acabar co mito de que os modelos debían proxectar indiferencia ou sumisión. Polo contrario, nas súas fotografías os modelos eran libres e creativos nos seus xestos dentro de escenarios dinámicos e baixo esquemas compositivios previamente decididos.

O 25 de septembro de 2004, Avedon sufríu una hemorraxia cerebral en San Antonio, Texas, mentras realizab una sesión fotográfica para un proxecto encargado pola revista The New Yorker, o cal titulábase “On democracy”, e se enfocaba no proceso electoral do 2004 nos Estados Unidos. Morreu nesa mesma cidade o 1 de Octubro dese ano a consecuencia de complicacións médicas.

 

 

 

Algunhas frases de Richard Avedon:

“A fotografía é como unha actuación, pois parece ocultar a realidade do suxeto pero vai moito mais alá. O feito é que non se pode captar a auténtica natureza do suxeto eliminando todo o que lle rodea. Soamente se pode chegar mais alá de ese circo traballando nese circo. O único que se pode manipular e ese circo, os xestos, os traxes, as expresións…de un modo radical e correcto”.

“A fotografía é un arte triste”.

 “A miudo sento que a xente ven a min para ser fotografados, como irían a un médico ou a unha adivina- para averiguar cómo son… As fotografías teñen unha realidade para mín que a xente non ten. É a través das fotografías que os coñezo”.

“Cando posas para un fotógrafo, é detrás dunha sorisa que non é túa. Ti tes rabia e fame e estas vivo. O que valoro en ti é esa intensidade. Quero facer retratos tan intensos coma as persoas”.