Ricard Terré 00

 

 

 

 

 

 

 

 

Ricard Terré. (San boi De Llobregat, 1928- Vigo, 2009)

Ricard Terré foi un fotógrafo catalán que está recoñecido como unha das figuras claves da fotografía española. A súa visión fotográfica, de arriesgados encuadres e fortes contrastes destila fina ironía, elegancia extrema e unha certa mirada sentimental, que provoca a proximidade tanto cos seus modelos como nos espectadores da súa obra.

 

“Soamente pretendo mostrar o que hai de transcendente no ser humano, o seu espírito”.

 

Ricard Terré estudou na Escola de altos estudios Mercantiles de Barcelona.

Comenzou no mundo da arte como pintor e caricaturista, e comenzou a practicar a fotografía no ano 1955. Nese momento, entrou en contacto con membros da Agrupación Fotográfica de Cataluña, onde coincidiu con Xavier Miserachs e Ramón Masats.

No ano 1958, integrouse no grupo AFAL (AQgrupación Fotográfica de Almería) para mais tarde, pasar a formar parte do seu comité directivo e participa de forma moi activa nas súas actividades.

Hacia o ano 1965 abandonou a fotografía por un longo período de tempo, volvendo no 1982 a actividade fotográfica, participando en diferentes exposicións individuais e colectivas tanto en España como no extranxeiroa.

Únese a axencia Vu no ano 1997 e expuxo a súa obra no Rencontres Internationales da Photographie dÁrles. Dende entón, as súas imaxes mostráronse non mellores museos de España, notablemente no Museo De arte Nacional de Cataluña en Barcelona.

No ano 2007, participo una Galerie Vu de París na exposición colectiva Imágenes abandonados y exvotos, e tamén na gran exposición colectiva Spanish Contemporary Photography Festival en Lotz, Polonia. O ano seguinte reibio o premio Bartolomé Ros a súa traxectoria profesional en PhotoEspaña.

Ricard Terré faleceu en Vigo no ano 2009.

 

Algunhas frases de Ricard Terré.

“Cando vou fotografar, nunca penso: Teño que atopar a foto e teño que facer a foto. Se a foto non está non a poderei facer,o sea que, o duende é un pouco aquel ánimo que che da ter atopado unha fotografía e que moitas veces isto é o que che predispon a atopar moitas outras fotografías porque a sensibilididade non é sempe a mesma”.

“Teño fama de compoñer ben, ainda que o fago dunha maneira intuitiva. Quizais sexa un pouco a secuela de ter practicado moito a pintura. O que hai que ter, é a sensibilidade de captar o momento da expresión mais interesante. É como o torero, non crea o movemento do toro senon que aproveita o movemento do toro para crear a súa arte.”

“Non creo na fotografía de teleobxectivos porque separa moito o fotógrafo da persoa fotografiada, carecendo de personalidade, a persoa fotografada, ao non enfrertarse co fotógrafo. En cambio, co 28mm, o acercarse o fotógrafo o suxeito, este reacciona e xeralmente a súa expresión é moito mais persoal e moito mais interesante”.

“A técnica non xustifica unha fotografía, o contrario, moitas veces unha falta de técnica pode ser unha parte técnica. Un desenfocado, un picado ou un contrapicado extremos, que producen unha gran converxencia das líneas…esto, dende un punto de vista técnico puro da fotografía non é admisible. En cambio, son elementos que moitas veces axúdannos a expresar mellor, con mais forza a impresión que recibimos da fotografía”.

“Eu fotografei moi pouco na miña vida, porque o que non fago, é fotografar moito para logo escoller entre as fotografías a que mais me interesa. Normalmente todos os meus traballos constan de moi poucos cliches, e estos cliches están feitos durante un tempo relativamente corto“.