“Iniciación á fotografía”

formacion

CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA

INFORMACIÓN

Lugar: Círculo de Recreo Cultural (Casino) , Praza da igrexa en Lalín

TODOS OS XOVES DO MES DE MARZO 2015

Data de inicio: xoves día 5 / Data de finalización: xoves día 26

A partir das 20:45 do serán

Prezo (50€ por asistente)

Para apuntarvos aos cursos podedes enviar unha mensaxe ao enderezo formacion@chiscalle.com ou usando o formulario de contacto co voso nome e teléfono e será suficiente para podernos poñer en contacto con vós.

DESCRICIÓN

O curso vai dirixido a aquelas persoas que queren aprender a manexar unha cámara e introducirse no mundo da fotografía como técnica e como medio de comunicación e artístico.

O temario está orientado dun xeito téorico-práctico e divídese en dous. Por un lado, veranse aspectos da técnica fotográfica relativos ao uso da cámara e da luz. Para sacar proveito ao dado en clase faranse propostas de exercicios e reservarase tempo na aula para unha análise conxunta das fotografías que queiran compartir os participantes.  E por outro lado, debateremos en grupo sobre o rol que a fotografía, como medio de expresión e comunicación, ten na contorna e na vida privada ampliando o noso punto de vista e capacidade analítica respecto a ela.

 

IMPARTE

Pilar Abades

 

 

logo pilarabades