entroido
O día 14 de Febreiro faremos un percorrido na compaña dos Felos polas aldeas de Ourense.
Xuntaremonos no Bar Pijú, Rua Isaac Piñeiro Varela, 16, 32002 OURENSE, OURENSE en Ourense as 8 AM
Dende alí sairemos cara o pobo de Castro de Escuadro, que e o primeiro lugar onde comenzan o percorrido os Felos, seguidamente iremos o carón deles polos seguintes pobos nesta orde.
CASTRO DE ESCUADRO
PIAS
SANTIRSO
XINZO DA COSTA
CELEIRON
Neste punto nos iremos a comer a TIOIRA no LAR DOS FELOS
O percorrido da tarde será o seguinte:
BARXELA
VILAR
CARGUIZOI
SARREAUS
TIOIRA
MACEDA
Este será o percorrido completo, os pobos quedan moi cerquiña unos dos outros, alguns grupos de Felos desprazanse a pé​ de pobo en pobo a través de camiños, outros en coche, autobús..  así que a quen lle apeteza acompañalos campo a través e aproveitar o entorno para fotografialos pode botar una carreiriña con eles.
Cada vez que chegan a un pobo, meténse coa xente, danlles algunha carreiriña e divirtense. (para nada hai que temer pola nosa integridade física, somentes hai que deixarlles paso). En cada parada a xente recibeos con doces, licores e refrescos, e moi normal que a xentiña do pobo nos ofreza a todos un aperitivo e nos convide a disfrutar da festa.
Puxen o todo percorrido, non e necesario facelo completo, o que se aburra pode marchar cando queira, e o que non lle de tempo de vir a un pobo, pode aparecer noutro.
Os que vos vaiades engadindo o longo do día (se acaso alguén quere vir mais tarde), podedes dar una chamadiña os teléfonos de contacto que vos deixo e así imosvos decindo por onde andamos.
O pobo de acceso un chisco mais complicado e Castro de Escuadro, pero se chegamos nos antes que os Felos, poderemos aparcar sen problema e sen necesidade de ir botando a lengua fora por mor das costas ata chegar arriba. A verdade e que merece a pena ir ata ali xa que nos regalaremos cunhas vistas sobre o Macizo Central Ourensan moi dignas de ser contempladas.
Comeremos en Tioira, no Lar dos Felos un cocido, o precio e de 12 euros por persona (viño da casa, refrescos, cervexa ou auga, cocido, postre e café)  e necesario que confirmedes asistencia para facer a reserva antes do 9 de febreiro, o local e pequeno e se somos moitos vainos facer falta. Neste mismo lugar se alguen quere quedar a durmir e facer o percorrido do domingo cos Felos (o cal os facilito o final do correo) pois tamen ten a opción de facelo, eso si, insisto na reserva. A paxina do Lar para contactar e esta http://www.lardosfelos.com/web/habitaciones.HTML
Normalmente o percorrido remata sobre as oito da tarde aproximadamente.
E ahora deixovos o percorrido do domingo por se alguén se quere quedar.
DOMINGO DIA 15
Saida as 9:00 da DILIXENCIA
CASTRO DE ESCUADRO
SANTIRSO
XINZO
CARGUIZOI
SARREAUS
PARAN A COMER EN MACEDA
BARXELA
VILAR
TIORIA

Teléfonos de contacto:
Mercedes 679 58 74 04
Jose Manuel 647 710 840
Poñovos a dirección do Lar por se alguen quere facer reserva para durmir
Lar dos Felos
Tioira, 113,
32707 Maceda
Ourense637 735563
988 438700
Deixovos tamen un mapa que fixen dos sitios por onde vamos pasar para que levedes una idea, pero insisto que os que veñades mais tarde chamedes para decirvos por onde andamos.