Saída fotográfica ó Candán

O sábado día 24 de Xaneiro faremos a primeira saída fotográfica de Chíscalle da mán dun novo integrante na asociación, Meixome un dos grandes andaríns da comarca do Deza que nos levará a descubrir zonas do Candán moi interesantes, e remataremos con un cocido de Lalín.

 

4_1

 

 

“A Serra do Candán situase ao norleste da provincia de Pontevedra, servindo de paso á Comarca do Deza dende Terra de Montes, e posuindo unhos dos espazos naturais máis importantes da provincia. A presenza de devesas en bastante bo estado de conservación, xunto con vales encaixados e unha paisaxe modelada pola presenza humana ao longo do tempo fan deste espazo natural un entorno propicio para andainas e actividades de coñecemento da Dorsal Galega e o seu medio.

 

 

3_1

 

A ruta, dunhos 15 kilómetros que poderemos acurtar ou alongar según o tempo que vaiamos empregando no camiño e nas distintas paradas, levaranos polo val do río Grobas e o nacemento do Deza, camiñando por congostras lousadas e subindo ao segundo cumio da Serra do Candán, o monte Coco.
Xantaremos na aldea abandonada de Grobas, teremos que levar a nosa comida este e un lugar de producción de carbón e estaño que veu aos seus últimos moradores permanentes na década dos 60 e supón un dos espazos máis singulares da serra.
Ao longo do camiño iremos vendo a relación que dende antigo o home tivo con estes montes, sendo constante a presenza de muiños, albarizas, carboeiras, minas, pontes e as aldeas que hoxe aínda conservan o estilo de vida tradicional destes lugares.”

 

2_1

 

O punto de encontro será o sábado día 24 de Xaneiro o pe do campo de futbol de Lalín as 09:30 da mañán, unha zona moi facil de atopar  Sitiación no google maps 
Unha Captura do mapa a nosa maneira, pinchar encima para velo mais grande.

 

mapa lalin futbol

 

 

Xa que será unha andaina longa traede auga, comida para poder pararnos a xantar e gañas de camiñar.

 

A noite temos encargado no Fogar de Breogán un cocido, o cal ó remataremos no Ghalpon do fogar un ruralpub que ven de estrearse fai un par de meses. O cocido sáe en 25€ por persoa.
Teléfonos para que estedes en contacto con nós por se chegades tarde:
David Mella: 625913004
Meixome: 679472886
Calquera cousiña poñédevos en contacto con nós dende o apartado contacte da páxina
E moi importante que se avise a asistencia unha semana antes xa que se non somos a xente suficiente suspenderase a saida.

 

Se alguén esta pensando en comprar algunha cousa de monte, sexan botas, chubasqueiros, cortaventos, gorros, bastóns, etc..  xa non pa esta saída se non para vindeiras que temos tamen programadas que nos avise que a casa de montañismo Ndorfina fainos un desconto a xente de Chíscalle en calqueira dos seus productos.

 

ndorfina