David Muench retrato

David Muench.

David Muench nace en Santa Bárbara, Californa no 1936. De pai fotógrafo (tamén paisaxista) e de nai escritora, Muench dedicase en exclusiva a fotografía de paisaxe e Natureza. A sía gran paixón pola fotografía de paisaxe ven das numerosas viaxes que realizaba co seu pai polos Estados Unidos.

“Na nosa infancia establecense os nosos camiños, encontramos nela as dirección nas que queremos dirixirnos. Tiven a sorte de ver como o meu pai realizabaq o seu traballo, o que me levou o meu propio traballo. Axudáballe no seu traballo de campo, na impresión das súas fotografías en branco e negro…”

Estudou en diferentes escolas coa o Instituto de Tecnoloxía de Rochester en Nova York, na Universidade de Santa Bárbara e no Art Center School of Design dos Ánxeles.

A sía obra foi exposta en numerosas exposicións, entre elas no Museo de Arte de Santa Bábara, Museo de Arte de Phoenix, entre outras. Tamen realizou multitud de libros, mais de 50, que nas suas propias palabras: “Son o mais duradeiro. Os libros permitenme compartir en profundidade os temas (as paisaxes) que me inspiran”.

Muench estivo implicado largo tempo fotografiando as terras salvaxes de América, ademais de percorrer innumerables lugares como Antártida, Nova Zelanda, Australia, Xapón, Islandia, Marrocos, Rusia ou as Islas Galápagos.

 

0_86081_6468cd3e_orig

Traballou nos seus inicios con cámaras de gran formato e con cámaras Canon de 35mm ainda que actualmente compaxina o seu traballo en analóxico co traballo en dixital. Un comentario moi interesante de Muench sobre este tema: “Traballei con cámaras Canon, que eran o pilar do meu traballo en 35mm. A participación nun proxecto patrocinado pola UNESCO e Panasonic para fotografar lugares do Patrimonio Mundial, impulsoume a aprender a fotografar con cámaras dixitais. Intusiasmábame a liberdade que estas cámaras aportan pero, para min, a fotografía con calquera tipo de cámara, é cuestión de ver”.

David Muench 3

 

Muench, influenciado pola obra de Cartier Bresson, Edward Weston, Ernst Haas, pola súa relación con Ansel Adams e a cercanía da obra do seu propio pai fanlle, nas súas palabras,  honrar o traballo destos fotógrafos e o levaron a seguir na súa propia dirección.

 

www.davidmuenchphotography.com

O fotógrafo David Muench segue a tradición deixada polo gran Ansel Adams motrando a paisaxe estadounidense en todo o seu explendor e con un gran compromiso da conservación destas paisaxes tan especiais. A fotogafía de Muench e una fotografía moi elaborada, traballando a exploración da escea para buscar o punto de vista e a composición mais adecuada.  Fai un gran uso da cor nas súas imaxes, os encadres dentro de encadres e toca tamen o tema da abstracción, sempre co que a Natureza lle proporciona. Nas súas imaxes podemos ver tamén como fai moito uso do formato vertical o que, en principio e según nos din, non é un formato que se traballe moito neste tipo de fotografía. Tendemos mais o uso do formato vertical. O uso deste formato aporta as súas paisaxes una gran profundidade e una visión diferente de cómo abordar esta disciplina fotográfica tan esixente. En definitiva, toda una fonte de inspiración para os fotógrafos de Natureza e paisaxe, e pra os demais tamén. Na súa páxina web podedes ver moitas mais fotografías das súas viaxes.