André Kertesz

 

Andre Kertesz 18

André Kertesz. (Budapest, 1894 –  Nova York, 1985).

 

“Andre Kertesz ten duas cualidades que son esenciais para un bo fotógrafo: unha curiosidade insciable sobre o mundo, sobre a xente e a vida, ademais dun sentido preciso sobre a forma”. Brasäi.

A figura de André Kertesx é, sin lugar a dúbidas, de visita obrigada para todo aquel que se adentre o mundo da fotografía. Todo un mestre que influiu en multitude de fotógrafos como Brasäi ou Henri Cartier Bresson. A sua mirada chea de orde, moderna, inqueda, libre e creativa, xenera unhas imaxes suxerentes e cheas de beleza. A sua materia prima, o que todos podemos atopar o noso arredor, dende esceas de rúa a un simple garfo. Kertesz, espíritu libre, soupo captar as vanguardias artísticas que se desenrrolaron na sua época e introducilas na sua propia obra.

Unha frase do mestre Henri Cartier Bresson sobre André Kertesz:

“Inventemos o que inventemos, Kertesz sempre foi o primeiro”.

André Kertesz nace en Budapest, Hungría, o 2 de xulio de 1894, no seo dunha familia xudea. O seu pai era vendedor de libros e a sua nai ama de casa. Cando o seu pai morre de tuberculose, o xoven André tiña 14 anos. Despois dese acontecemento, mudase a casa do seu tío. Esta etapa é relaxada e casi idílica, rododeado de paisaxes campestres e pastorais.

Kertesz, nun principio estuda na Academia de Comercio e ainda que chega a graduarse, nunca veo con bos ollos estos estudos. O seu interese pola fotografía cada vez era maior e soñaba con ser fotógrafo. ESte soño despertarase ao ver as publicacións de diversas revistas da época. Desexaba el mesmo realizar as fotografías e publicar nas revistas ainda que esto fora do desagrado da sua familia. Por aquela época, a rofesión de fotógrafo non tiña moito futuro.

Compra a sua primeira cámara no 1912 e comez a fotografar os campesiños locais, xitanos e  os paisaxes da Gran Llanura Húngara. Dos anos despois, estala a Primeira Guerra Mundial e Kertesz alístase no exército. Coa sua cámara, capta a vida cotiá dos soldados alexados do campo de batalla. Por desgracia, esta imaxes foron destruidas durante a revolución húngara de 1919. Afortunadamente para él, foi ferido de gravidade nun brazo  e esto permitiulle estar afastado  do campo de batalla.

Andre Kertesz 07

Ata o ano 1925, ano no que emigrará a París, Kertesz compaxina o seu traballo como corredor de bolsa coa fotografía, a que acudirá no seu tempo libre. Nesta época, Kertesz ten confrontacións con diferentes sectores dentro do panorama fotográfico o que o final fai que abandone o traballo de fotógrafo e opta pola bolsa.

Xa en París, Kertesz móvese tan só nos círculos húngaros xa que non fala francés. Pouco a pouco comeza a relacionarse con diversos membros do movemento dadaista e disfruta vendo traballar os seus amigos escultores e queda abraiado polo cubismo. Imaxino que esta época e moi enriquecedora para Kertesz e que deixará o seu poso nel para posteriores traballos.

En seguida comezou a ter éxito, tanto comercial como de crítica e as suas imaxes publicaranse en diferentes revistas europeas como Vu, Uhu ou o Sunday Times.

No 1928, Kertesz cambia a sua pesada e lenta cámara de placas e comprase unha Leica. Con esa nova cámara, mais discreta e rápida, pasease polas calles de París e polas noite comeza a capturar a vida nocturna desta cidade. As suas imaxes nocturnas chegan a influir en Brasäi, o que posteriormente editará un libro que se chama “París, De nuit” polo que será mundialmente coñecido.

Andre Kertesz 02

Como xa dixemos anteriormente, Kertesz coñecía e relacionábase co mundo das vanguardias e en 1933 encargaronlle a realización dunha das suas series mais famosas, Distorsións. Estas imaxes de desnudo realizáronse situando as modelos fronte a espellos cóncavos ou convexos, co que o reflexarse, os corpos comenzaban a deformarse, a desencaixarse, a convertirse en algo novo, creando imaxes surrealistas. Algunha destas imaxe, a seria compoñíase de 200 fotografías, foron publicadas en diferentes revistas de arte da época.

Andre Kertesz 19

No ano 1933, contrae matrimonio con Elizabeth. Por esa época, o partido nazi adquiria poder en Alemania e as revistas comenzaron a publicar reportaxes con tintes políticos e xa que os temas de Kertesz nada tiñan que ver coa política, as revistas deixaron de publicar as suas imaxes. Esta falta de traballo e a inminente ameaza da Segunda Guerra Mundial, fan que Kertesz e a sua muller emigren aos Estados Unidos no ano 1936.

A época de Kertesz nos Estdos Unidos e algo frustrante pra él. A sua serie de distorsións é moi criticada, tiña series problemas de comunicación xa que non sabía inglés e as axencias obligabano a realizar labores de estudo cando él, o que de verdade quería, era realizar reportaxes xornalísticos.

Traballa pra revista de moda Harper´s Bazaar realizando diversos encargos e tamén acptou un encargo da prestixios revista Life, unha reportaxe sobre remolcadores. Kertesx nos se limitou a fotografar somentes os remolcadores se non que, retratou ademais, a vida do porto, do peirao e a súa actividade. Life non aceptou as fotografías e isto fixo novamente mella en Kertesz. Estaba frustrado tonto coa cidade como coa industroia da fotografía.

Nos anos posteriores, a pesar da gran competencia con outros fotógrafos coma Irving Penn, Kertesz segue realizando encargos pra diferentes revistas, foi invitado por Moholy-Nagy coma mestre na New Bauhaus (posto que Kertesz rexeitará) e publicará diferentes libros de fotografías como o publicado en 1945, Day of Paris. Un ano mais tarde, realizará unha exposición individual no Art Institute of Chicago, composta por moitas das fotografías do libro anteriormente citado.

A finais den 1962, Kertesz rompe o seu contrato coa revista Conde Nash e se as restriccións que a revista lle impuxo, trata de volver a escea fotográfica internacional. Expirementa brevemente coa fotografía en cor e realiza unha exposición individual no Moma, a cal foi aclamada pola crítica e gracias a esto, foi considerado como un  fotógrafo de relevancia nos círculos fotográficos. Nos anos seguintes participou en innumerables exposicións por todo o mundo e recibiu diversos premios. Foi galardoado cunha beca Guggenheim, nombrouselle Comandante da Orden das Artes e as Ciencias ou a medalla de cidade de París, entre outros.

                     Andre Kertesz 14 Andre Kertesz 28

A vida de André Kertesz sufrirá un duro revés no ano 1977 que o sumirá nunha profunda depresión e o recluirá na súa casa, a súa muller morre de cancro. Uns anos mais tarde, a cas Polaroid regaloulle unha nova cámara que acababan de fabricar e con esta nova cámara realizou unha serie titulada “From the Window”. ESta serie, completamente distinta o que Kertesz nos tiña afeitos, trata sobre os obxetos que compartiu coa súa muller. Esta serie, dentro da simpleza coa que  compón as imaxes, lévannos a un mundo interior cheo de melancolía, de recordos. Un mundo nostálxico e fráxil, ainda que tamén oscuro e depresivo.

André Kertesz morreu tranquilo, mentres durmía, na intimidade deo seu hogar no ano 1985. Os seus restos descansas xunto cos da súa muller.

Algunha frase de André Kertesz:

“Un non ve o que fotografía, senon o que sinte”.

“Se un neno aprende a escribis perfectamento o seu abecedario, eso é fermos caligrafía, pero non ten valor algún a menos que poida expresarse por sí mesmo e poida usar a técnica para o seu propio arte. ¡Hai que sentir o que se fai! Incluso se estas imitando, debes sentir. A técnica e soamente o mínimo na fotografía. E o punto no que se debe comezar. Penso que un ten que ser un técnico perfecto para expresarse como desexa e despois, olvidarse da técnica. Cando fun a revista Life, dixéronme que lles gustaban as miñas fotografías, ¡pero que nelas eu falaba moito! Querían documentos, técnica e non fotografías expresivas”.

” Eu son un aficionado eterno”.

“Gústanme os encadres altos. Se vostede está sempre o nivel do chan, pérdese moitas cousas”.

“O momento sempre dicta o meu trabllo. O que sinto, o que fago. Esta e a cousa mais importante pra mín. Todo o mundo pode ver, pero non ven necesariamente. Nunca calculo ou considero; vexo unha situación e sei que é correcta, incluso se teño que voltar pra conseguir a iluminación axeitada”.