XIX XORNADAS MICOLÓXICAS 2014

CASA DA XUVENTUDE

CHANTADA

 

  • Cursos de Iniciación a Micoloxía
  • Saídas prácticas a distintos hábitats
  • Fotografía Micolóxica
  • Exposición
  • A cociña das setas

 

As XIX Xornadas Micolóxicas de Chantada comprenden cursos teóricos e prácticos que van dirixidos a calquer persoa que queira iniciarse na micoloxía ou que, simplemente, teña interese polo mundo dos cogomelos. Os asistentes a estas xornadas poderán coñecer as súas enormes posibilidades gastronómicas, aprender a distinguir entre os principais cogomelos comestibles e as especies tóxicas/velenosas e valorar tamén o destacado papel que os fungos xogan no mantemento do ecosistema.

As inmellorables posibilidades que temos en Chantada e o feito de que as xornadas se celebren na época en que se pode atopar a maior variedade de setas, fan que estes cursos sexan un bo comezo para introducirse no apaixonante mundo da micoloxía.
Docente:

Antonio Paz Vázquez

 

Dirixido a:
Persoas sen coñecementos teóricos sobre Micoloxía e con escasa ou nula experiencia no recoñecemento de especies
Obxectivos:
– Coñecer qué son as setas, cómo atopalas e recoñecelas, onde e cando saen.
– Aprender boas prácticas na recollida de cogomelos.
– Coñecer e recoñecer as principais especies comestibles velenosas e tóxicas da zona
– Identificación de especies
– Coñecer basicamente a cociña das setas e as súas distintas preparacións.

 

 

XIX XORNADAS MICOLÓXICAS

Do 3 ó 6 de Novembro 2014

CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADA

 

ACTIVIDADES

 

“CURSO TEÓRICO DE INICIACIÓN A MICOLOXÍA”

Curso para Iniciarse no fascinante mundo das Setas

LUNS 3 DE NOVEMBRO AS 18:00 H

 

“SAÍDAS PRÁCTICAS A DISTINTAS ZONAS DE CHANTADA”

Saídas a diferentes hábitats para recollida e identificación de setas

MARTES 4 DE NOVEMBRO AS 15.30 H

 

“EXPOSICIÓN MICOLÓXICA”

Exposición de setas na Casa da Xuventude de Chantada

MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO AS 18:00 H

 

“A COCIÑA DAS SETAS”

Actividade relacionada con a conservación e elaboración de pratos con setas silvestres de tempada

XOVES 6 DE NOVEMBROÁS 18:00 H

 

“FOTOGRAFÍA MICOLÓXICA”

Coa colaboración de Lucía Cereijo introducimonos na Actividade fotográfica relacionada co fermoso mundo das Setas

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

Casa da Xuventude de Chantada

cxchantada@gmail.com Tfno: 982-441614