15 e 16 de Novembro do 2014

Saída de outono ó Courel, organizan Asociación f/12 da Estrada e Chíscalle.

Sábado 15 de Novembro chegaremos as 08:30 o Albergue de Folgoso do Courel e dende alí iremos a algún dos soutos.

Pincha aquí para ver como chegar

A idea e comenzar a camiñar as 09:00 de mañán despois dun café.

Traede roupa de inverno e se podedes algún poncho dos económicos do decathlon para evitar algún chaparrón de auga.

Faremos unha xornada de mañán de fotografía macro, paisaxe, e todo o que poidamos captar con nosos sensores, sempre na compaña de alguén que nos solucione dudas a hora de afrontar a unha foto.

Voltaremos para xantar a eso das 14:00 e a tarde empezaremos as 15:30 ou mais tardar 16:00 para así exprimir as horas que nos queden do día, intentaremos meternos en algunha das devesas, que neste tempo dan moitísimo xogo para fotografiar.

Voltaremos para cear e compartiremos sensacións.

Despois da cea se estamos sós no albergue, Fran Nieto falaranos un pouco de fotografía de natureza e virá con nos un experto en setas para darnos unha pequena charla, se hai xente no albergue deixannos o teleclub para non molestar a ningún peregrino do camiño de santiago que esté de paso.

Domingo 16 de novembro a mañán achegarémosnos á devesa da Rogueira, ca idea de comenzar a camiñar cando abra o día.

Voltaremos para xantar e desta vez xantaremos en Casa Caselo en Paderne, despois da comida e de falar un pouco os que se animen, entrarán na devesa de Paderne e un sitio moi curioso, e ós que se lles faga tarde tamen e unha ocasión para ir desfacendo camiño cara a casa.

O prezo son 68€ por persoa e incluie: cea do venres, durmir venres, comida do sábado, cea, durmir no albergue de Folgoso do courel (reservade cama) e o xantar do domingo en casa Caselo en Paderne, os almorzos irán por conta de cada un xa que así sae mais económico.

O albergue de Folgoso conta con 3 habitación de 14 literas cada unha, en cada habitación dous baños enormes. é moi importante traede tapóns para os oidos se non queredes oir o compañeiro roncar,  ver o albergue con mais detalle.

Compartiremos habitación todos en literas, como se estivésemos facendo o camiño de Santiago.

A forma de pago: Cada un pagará o seu, pero antes o que lle interese ir terá que reservar a súa cama no albergue e canto antes mellor por se se queda sen cama.

Os datos do albergue: 

Precio por noite no albergue son 13€ xa se pagan alí en mán

Teléfono:658 045921 Email:alberguefolgoso@gmail.com Web:www.albergueturisticofolgosodecaurel.com

Para inscribirse mandádenos un correo dende o formulario da web www.chiscalle.com ou as nosas contas de correo afchiscalle@gmail.com ou asociación.f12@gmail.com e nos contestarémosvos dando os datos da saída.

O aforo será limitado as camas que se dispoña no albergue, canto antes chamedes antes as gardarán.

Acompañarannos algún rapaz e rapaza da zona que lle gusta a fotografía e sen eles no teríamos esta saída xa que nos buscaron desinteresadamente onde durmir e onde comer.

Cando mandedes o correo deixade o número de telefono por se surxira algunha cousa.

Para os que queiran ir un día antes

Temos a opción de reservar a noite do viernes tamén para quen queira chegar o día antes e lle sexa mais comodo e non ter que madrugar sábado tanto.

A noite do viernes son 13€ no albergue, e cenaremos en Paderne casa caselo uns 13€.

É moi  importante que reservedes canto antes mellor, xa que é temporada alta por os buscadores de setas e alguns outros fotógrafos.