O vindeiro sábado 26 de xullo farmeos unha saída para facer fotografía nocturna. Será unha actividade de iniciación a esta disciplina tan en auxe nos últimos tempos que reporta resultados tan pracenteiros e espectaculares.


As primeiras imaxes farémolas no Alto do Faro e según se vaia poñendo a noite (e os ánimos) irémonos desprazando a outras localizacións.


Xuntarémonos ás 21:30 en “O Petisco” situado en Lalín para tomar un refrixerio e partir hacia a oscuridade. O que sexa famento que leve bocadillo e o sedento bebida!!! Arredor das 22:00 marcharemos e xa unha vez sobre o terreo entre uns e outros tentaremos obter os mellores resultados partindo da experiencia dos membros de Chíscalle pero agradecendo todas as aportacións dos presentes.


Como equipo recomendado, ademais de cámara, deberiamos ter todos trípode e disparador con bloqueo da exposición tamén empregaremos linternas e flashes polo que calquer material que traiades poderanos servir para probar e experimentar.


Ademais non vos esquezades de levar algo de abrigo por se arrefría pola noite e, sobre todo, moita paciencia e pouco sono.
A finalización da actividade terá lugar cando nos enchamos ou cando saia o sol.

Para calqueira cousiña poñédevos en contacto con nos en afchiscalle@gmail.com