Amigos, lembrade que ata o 6 de xuño todavía podedes visitar a marabillosa exposición que os compañeiros de Galiza B/N teñen instalada no Centro Comercial Pontiñas en Lalín.

Vaia por diante o noso agradecemento á dirección desta entidade por todas as facilidades concedidas para levar a cabo a mostra e por suposto ao colectivo fotográfico e todos os seus membros.

A exposición recolle 40 fotografías de 40 artistas con temática libre e que vos farán sentir máis ca un escalofrío, petarán de ceho nas vosas emocións e non deixarán indiferente nin ao máis insensible. ¡Aproveitade a oportunidade de visitala!