¿Queredes desfrutar da natureza no seu estado máis puro, dunha inmellorable compaña e dunhas situacións excepcionais para a fotografía?

Chíscalle proponvos unha fin de semana inesquecible con rutas e paisaxes de ensoño. Andaremos por algún dos rincóns máis fermosos de Galicia, visitaremos aldeas con encanto, coñeceremos de preto especies de orquídeas que farán tolear aos nosos obxectivos, captaremos coa nosa cámara unha noite de lenda,… ¿que máis se pode pedir?

O 31 de maio e o 1 de xuño deberían estar xa sinalad0s nos vosos calendarios para vivir unha experiencia sen igual. Botádelle un ollo á información que vos achegamos e non tardedes en reservar a vosa praza ¡ata o 10 de maio!

INFORMACIÓN: Ruta fotográfica polo Courel

¡¡¡Entre todos os participantes celebraremos un concurso con 5 fotografías tomadas durante a fin de semana e o gañador terá cea gratis no Fogar de Breogán e mais a estancia do día da cea!!!