O Domingo 18 de maio de 2014 vaise celebrar por primeira vez en Compostela o evento internacional PFC, nesta ocasión vamos a expoñer as nosas fotografías na Praza do Toural, vamos a convértela nunha galería de arte a partir das 10:00 da mañá. Polo tanto estades convidados a traer e expoñer as vosas fotos, a temática é libre. A maioría das fotos expostas estarán en Cartón Pluma ou PVC nun tamaño similar ao A3.   Pero pode ser en calquera tamaño/soporte, que o formato non limite a túa participación.

Estamos organizando actos paralelos a expo, pero como inda están sen pechar vamos deixar un pouco o suspense.

Contamos contigo para esta Exposición fotográfica Popular.

Mais información en  actividadesfotoforum@gmail.com ou na paxina oficial do evento www.PFCinfo.com

foto-2014