Sesión Formativa “Xestión de cor e impresión”, por Mark (zlick.net)

Prezo: 5€ 

17:00 Sesión formativa a cargo de Mark (zlick.net) sobre “Xestión de cor e impresión”

A sesión formativa da tarde terá lugar no salón medieval do Fogar de Breogán (www.fogardebreogan.es).

A miúdo levamos un importante desengano ao imprimir as nosas imaxes ou velas en distintos dispositivos. A finalidade da xestión da cor é obter unha boa correspondencia entre cada un dos elementos nos que vaiamos reproducir unha imaxe, ben sexa unha pantalla, a través dun proxector, papel,… Mark explicaranos todo o relativo a perfiles, espazos de traballo e demais elementos que influirán no resultado final de cómo veremos a nosa imaxe.

Ademais ofreceranos os seus consellos en torno aos diversos tipos de papel, cal se adecúa máis ás nosas necesidades ou a cada tipo de traballo, como preparar os arquivos para imprimir…